VISITA DE FEIJÓO A OURENSE

07.09.2012 01:02

 

Esta mesma tarde, enteramonos que Feijóo viña a Ourense hoxe pola tarde, polo que tivemos moi pouco tempo para avisar a moitos afectados e como era ás 19:00h moitos deles estaban traballando.

Ó final ainda éramos un grupiño considerable, polo que fumos a hora prevista da chegada do Presidente á sede do PP en Ourense provistos da pancarta e coas camisetas,  pero unha vez máis amosounos que está do lado dos estafadores, ladróns e causantes da desgraza e sufrimento de tantas familias galegas

Accedeu ó edificio polo garaxe, para non dar a cara, todo con un gran despregue policial que non permitía que nos acercaramos e coa orde de dar leña si o intentábamos , incluso nos negaban  que Feijóo se atopara ali, pero ben que tivo que escoitar os nosos berros!

 

Seguro que si en lugar de estar esperándoio os aforradores estafados por Caixanova e Caixa Galicia, estiveran o Sr.Méndez e o Sr.Galloso, cabecillas da estafa ó pobo Galego repetiría a aperta que lle deu a estes individuos cando firmaron a fusión das Caixas Galegas e terminaron de fundilas.

Ou o Sr. Castellano, González Bueno, Diaz Arnau, os que según a xunta "están a colaborar para solucionar o problema" a estes seguro que tamén lles da unha boa aperta de mans.

 

Para o pobo estafado, nin sequera unhas palabras de consideración ou simplemente escoitar as nosas aclamacións ou dar a cara que para iso lle pagamos todos os Galegos, para que demostren a súa valía fronte ás adversidades que temos que sufrir os cidadáns debido a falla dos organismos que nos tiñan que protexer.

 

https://www.laregion.es/noticia/223197/feijoo/anuncia/enesima/proyecto/hospital/