Sobre a próxima chegada da QUITA ás preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco

29.11.2012 00:19

O mércores 28 de Novembro comezaron a saír as noticias das condicións do rescate bancario, o cal se esperaba dende a publicación do Memorandum. Como xa se mencionara, a quita imposta será tanto para preferentes como para subordinadas.

preferentes.webnode.es/news/sobre-o-memorando-de-entendimiento-sobre-condiciones-de-politica-sectorial-financiera-e-como-nos-afectara/

 

De momento sobre as preferentes e subordinadas aínda non se coñece a cuantía exacta das quitas. Para o caso de Novagalicia Banco, segundo Almunia debe ser o goberno de España e o Banco os que decidan como se vai facer. En menos de 3 meses coñecérase as condicións exactas da irremediable quita (a porcentaxe dos nosos aforros que nos quitarán). Segundo o publicado polos xornais " a cuantía da quita será distinta para subordinadas e preferentes, e dependerá do tipo de interés percibido, da data de vencemento...Ademais de indicar que se cambiarán as preferentes e subordinadas por accións ".

Segundo un comunicado difundido polo Banco de España do día de hoxe, a quita pode estar entre o 30%-70%.

www.bde.es/f/webbde/GAP/prensa/info_interes/ficheros/presbe2012_53.pdf

 

Como de costume, non sabemos cando será: pode ser nunha semana ou en 2 meses. Noutras entidades (como Bankia) xa informaron das condicións da quita. En Galicia seguimos cun futuro incerto, agardando novas e cun futuro cada vez máis negro.

 

Estamos fartos de esperar a que se solucione o problema: primeiro dicían que era Bruselas, despois que a arbitraxe solucionaría casos...

Co paso do tempo, Bruselas dice que ela indica qué hai que facer, e o cómo decidese en España. Ademais destacan que se houbo unha mala comercialización (estafa=fraude), debe arranxarse en España. A arbitraxe, como se esperaba, non solucionou nin o 20% dos casos.

O que si está claro é que cada vez queda menos tempo, e temos que incrementar as protestas para que os que o deciden, saiban que inda quedamos máis do 80% dos estafados sen os nosos cartos.

 

Así que Mobilízate e non quedes sentado na túa casa, vendo como te estafan e esperando solucións que non van chegar. Se ti non protestas, ninguén vai recuperar os cartos por ti.

 

Vídeo completo da intervención de Almunia:

https://ec.europa.eu/avservices/video/player.cfm?ref=90453

 

Últimas malas noticias:

economia.elpais.com/economia/2012/11/24/actualidad/1353789346_922547.html

www.europapress.es/galicia/noticia-banco-espana-dice-quita-preferentes-ncg-banco-estara-30-70-20121128225747.html

economia.elpais.com/economia/2012/11/28/actualidad/1354107360_133072.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/28/bruselas-deja-manos-gobierno-bancos-quita-preferentes/00031354099763795832650.html

https://elpais.com/economia/2012/11/27/actualidad/1354053417_146947.html

www.publico.es/dinero/446561/bruselas-castiga-a-los-estafados-por-preferentes-con-su-plan-de-rescate-a-la-banca-nacionalizada

www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/28/novagalicia-banco-propone-reduccion-2500-empleos-24-meses/00031354130705056461240.htm

www.farodevigo.es/galicia/2012/11/28/ncg-definira-quitas-nueva-valoracion/718794.html