REUNION 16 DE OUTUBRO NO AUDITORIO DE OURENSE

11.10.2012 00:45

 

REUNIÓN AFECTADOS  PREFERENTES E SUBORDINADAS DE NVGB
 
16 DE OUTUBRO MARTES ÁS 20:00H 
 
 
AUDITORIO DE OURENSE
 
TEMAS A TRATAR:
 
Transmitir a información facilitada polo fiscal do TSXG, Carlos Varela, froito dunha reunión cos voceiros da Plataforma en Coruña.
 
Arbitraxe de Consumo, os voceiros da plataforma mantiveron a semana pasada unha nova reunión coa directora de Consumo, Nava Castro para tratar de que se axilice o arbitraxe  e que chamén canto antes a todos os afectados porque queda moi pouco tempo.
 
A plataforma de Coruña estivo na sede de NVGB, reunida co Sr.Castellano, facilitaronnos información do tratado na reunión co presidente da entidade.
 
 
A plataforma está a facer todo o posible para que todo o mundo recupere os seus aforros,hai xente da plataforma que xa foi o arbitraxe e recuperou os seus cartos pero seguen a loitar como si non cobraran por todos aqueles  compañeiros de Pancarta que seguen a sufrir o engaño e a estafa cometida por Caixanova e Caixa Galicia.