QUEDADA PARA PEGAR CARTEIS PARA A MANIFESTACION DO DIA 13 DE SETEMBRO

07.09.2012 00:54

 

Hola,

 

Quedada para pergar os carteis anunciando a manifestación de Ourense o día 10 de Setembro as 21:30h na C/ do Paseo esquina Parque San Lázaro enfrente da antiga Ibense agora Zapatería Geox. 

Precisamos a colaboración de todas aquelas persoas que poidan vir, repartirémonos polas calles de Ourense para pegar os carteis, se acudides bastantes a axudarnos non nos levará moito tempo porque uns poucos non podemos co traballo todo, levamos moitos meses loitando e agora que estamos nun momento crucial e  temos que seguir.

 

Esta vez non temos suficientes cartos para anunciar a manifestación pola radio, pois as cuñas publicitarias son bastante caras, así mesmo recordamos e sobre todo para a xente que leva menos tempo na plataforma que vendemos unhas camisetas que sirven para revindicar unha solución que as poñemos en todas as movilizacións , custan 10€ e cos cartos que nos quedan da venda das camisetas pagamos os carteis, fotocopias, gastos de teléfono................por iso necesitamos que a xente que non a teña que a merque para seguir financiando os gastos da plataforma.

 

Pedimos a todos aqueles aforradores estafados que lograron o seu obxetivo  que o día 13 de setembro acudan a manifestación en sinal de apoio do resto dos aforradores estafados que se ven obrigados a seguir loitando porque ainda non lle devolveron os seus cartos.

 

PEGADA DE CARTÉIS 10 DE SETEMBRO AS 21:30H

 

MANIFESTACIÓN 13 DE SETEMBRO ÁS 20:30H CON SAÍDA DO PAVILLÓN DOS REMEDIOS

 

 

PLATAFORMA OURENSE DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DE NVGB