Protesta dos afectados Preferentes e Subordinadas no Pleno do Concello de Ourense

09.09.2012 22:16

O venres 7 de setembro, afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco acudiron ao Pleno do Concello de Ourense.

O motivo da presenza da Plataforma de Ourense era realizar unha protesta pacífica, recordando a estafa que a caixa de todos os galegos cometeu con nós. Os partidos políticos de Ourense deben representar a todos os cidadáns, e polo tanto, deberían trasladar o grave problema - estafa tanto ao Goberno Autonómico, como ante o Goberno de España, e tamén a bruselas.

Agora que o Memorandun de Bruselas está firmado,e foi mal negociado polo noso goberno, pretenden que nós carguemos coas pérdidas da mala xestión do banco. Non somos inversores,e non temos por qué cargar coas esas pérdidas, así que o goberno de España debería telo en conta e modificar o real decreto que pretenden aprobar.

Todos os partidos políticos son cómplices desta gran estafa, posto que temos que recordar que as preferentes e subordinadas non só se venderon a partir do ano 2009, senón que hai afectados de anos anteriores dende o 2000 incluso. En consecuencia, os políticos deberían investigar o sucedido na caixa, levar aos culpables aos tribunales, e recordar que NÓS NON SOMOS INVERSORES, SOMOS AFORRADORES.

Continuaremos loitando e recordando a estafa que sufrimos ata que o 100% dos estafados, aforradores todos, recuperemos o 100% do noso diñeiro.

 

A protesta que tivo lugar no pleno do Concello de Ourense desenvolveuse dunha forma pacífica, e despois da tirada de panfletos e de manifestar as nosas protestas, fomos identificados pola policía ao saír.

A protesta tivo gran repercusión nos medios de comunicación. Temos que continuar nas rúas, porque do contrario solucionáranlle o problema a uns cantos co arbitraxe, e olvidaranse do resto.

 

https://www.crtvg.es/informativos/o-concello-de-ourense-aproba-os-orzamentos-para-este-ano-a-catro-meses-de-que-remate-413850

https://www.lavozdegalicia.es/video/ourense/2012/09/07/protesta-preferentes-pleno-ourense/00311347013487750811223.htm

 

https://www.farodevigo.es/galicia/2012/09/07/grupo-afectados-preferentes-toma-pleno/681078.html?utm_medium=rss

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/09/07/ayuntamiento-aprueba-presupuestos-pleno-protestas/681087.html?utm_medium=rss

https://www.farodevigo.es/galicia/2012/09/08/afectados-preferentes-paralizan-pleno-ourense-exigen-soluciones/681224.html

https://www.radioourense.com/grou/index.php/noticias/ourense-concello/1267-los-afectados-por-las-preferentes-interrumpieron-el-pleno-del-concello-de-ourense

https://www.galiciae.com/nova/194863.html

https://www.elidealgallego.com/articulo/economia/los-afectados-por-las-preferentes-en-ourense-toman-el-pleno-municipal/20120908040428071593.html