Protesta 12 Decembro na sede central de Novagalicia Banco. A Coruña.

13.12.2012 19:00

 

A plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco de Ourense, acudiu o martes 11 de decembro á cidade de A Coruña para participar nunha nova protesta sorpresa para reclamar unha solución para o 100% dos aforradores estafados por Novagalicia Banco.

 

Os afectados de varias plataformas de afectados de toda Galicia (Ourense, Vigo, O Morrazo, Ferrol, Carballo, e A Coruña) acudiron á sede central de Novagalicia Banco, situada na Rúa Nova. Ademais neste edificio encóntrase ubicada a consultora independente (Pricewaterhousecoopers) que está revisando os miles de expedientes que solicitaron a arbitraxe no Instituto Galego de Consumo.

A finalidade desta protesta sorpresa era pedirlle explicacións  aos directivos sobre a finalización da arbitraxe que está anunciada para este mes, solicitar a súa prolongación xa que do contrario incurriríase nun agravio comparativo para as miles de solicitudes recibidas no Instituto Galego de Consumo, e que inda non recibiron unha resposta.  As plataformas presentes foron recibidas polo delegado territorial, Gerardo Fuertes, e o delegado de zona, Javier Soto, os cales informaron que o señor Castellano,Presidente de NCG, non estaba presente para recibirnos.

Unha vez máis os delegados de Novagalicia Banco  presentes dixeron que o Banco quería continuar coa vía da arbitraxe, e afirmaron descoñecer a existencia dunha data de finalización da arbitraxe. Por outra banda, non deixaron de repetir que están atados de pés e mans polo memorandum firmado por Bruselas, e inda máis polo decreto aprobado o 15 de Novembro ( Ley 9/2012, de 14 de noviembre, de reestructuración y resolución de entidades de crédito). Asemade, tamén indicaron descoñecer as cuantías exactas da quita e a data exacta do canxe de preferentes e subordinadas.

Unha vez máis os representantes de Novagalicia Banco seguiron sen facilitarnos a información requerida. Queremos que deixen de mentirnos e coñecer a información relativa ao proceder do Banco no relativo ás preferentes e subordinadas, xa que continuamos sendo clientes desta entidade.

Os numerosos afectados procedentes de toda Galicia tomaron literalmente esta sede, de forma totalmente pacífica, a pesar da negativa inicial da seguridade privada a deixarnos entrar. Os empregados acabaron abandonando os seus postos de traballo ante o requerimento de explicacións por parte dos centos de afectados. Acudiu a Policía Nacional a intentar desaloxar a sede central de Novagalicia Banco, pero os seus intentos foron infrutuosos ante esta protesta totalmente pacífica.

Finalmente iniciouse unha manifestación con percorrido por diversas rúas da Coruña, para rematar en fronte do Tribunal Superior de Xustiza. A petición das plataformas de afectados era que se faga Xustiza ante a situación na que se atopan preto de 70.000 familias galegas, que prospere a demanda do Fiscal de Galicia, e que continúe a arbitraxe.

 

NON IMOS PARAR, ATA OS CARTOS RECUPERAR!!!!!

NON SOMOS INVERSORES, SOMOS AFORRADORES!!!!

 

Noticias sobre a repercusión da noticia

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/12/12/ruido-contra-preferentes/0003_201212G12P32991.htm

https://www.crtvg.es/informativos/afectados-polas-preferentes-ocupan-a-oficina-principal-de-ngb-na-coruna-484779#.UM9WwnerHdE

https://www.europapress.es/galicia/noticia-afectados-preferentes-ocupan-sede-novagalicia-coruna-piden-aclarar-si-mantendra-arbitraje-20121211145009.html

https://www.lavozdegalicia.es/album/coruna/2012/12/11/manifestacion-afectados-preferentes-coruna/01101355226384443861590.htm

https://www.lavozdegalicia.es/video/coruna/2012/12/11/manifestacion-afectados-preferentes-coruna/00311355223718079130194.htm

https://www.lavanguardia.com/local/galicia/20121211/54356271012/afectados-por-preferentes-ocupan-la-sede-de-novagalicia-en-a-coruna-y-piden-aclarar-si-se-mantendra-.html

https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/afectados-por-las-preferentes-toman-la-sede-central-de-ncg/20121212031838094762.html

https://multimedia.laopinioncoruna.es/fotos/economia/manifestacion-afectados-por-preferentes-tsxg-1661_1.shtml

https://www.crtvg.es/informativos/afectados-polas-preferentes-ocupan-a-oficina-principal-de-ngb-na-coruna-485290#.UM9XKHerHdE

 

Fotos