PRECAMPAÑA ELECTORAL-ACUDIREMOS A TODOS OS ACTOS

02.10.2012 00:01

 

Os Partidos Políticos comezan coa precampaña electoral polo que nos temos que facer ver en todos os mitines dos distintos partidos, os aforradores estafados polo fraude das Preferentes e Subordinadas de NVGB vamos a asistir coa camiseta que nos identifica (a da plataforma) para deixarlle ben claríño á clase política do noso pais que esté quen esté no goberno non vamos a parar de loitar ata que todos/as recuperemos os nosos aforros e que os políticos que cobran de todos nós xa estén no goberno ou na oposición teñen que traballar para acadar unha solución definitiva a este problema que tanto dano lle está a facer a milies de galegos, dita solución non pode ser outra que a devolución do 100% dos nosos aforros.
 
Como sempre facemos chamamento a todos aqueles afectados que poidan asistir, é mellor chegar un cuarto de hora antes para que nos vexane moi importante levar a camiseta posta. 


Martes 25 de setembro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas, ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA, (Xosé Manuel Beiras).

Xoves 27 de setembro no Centro Cultural da Diputación ás 20:00 horas, SOCIEDAD CIVIL Y DEMOCRACIA, (Mario Conde).

Luns 1 de outubro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas, COMPROMISO X GALICIA, (Xoán Bascuas).

Martes 2 de outubro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas, BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, (Francisco Jorquera).

Mércores  3 de outubro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas, PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA - PSOE, (Pachi Vázquez).

Xoves 4 de outubro no Auditorio Municipal ás 20:horas, PARTIDO POPULAR DE GALICIA - PP, (Jesús Vázquez)  ANULADO-
Esperaremos a que comuniquen unha nova data porque nos interesa acudir a todos os actos dos partidos.

Vamos ter unha campaña movidiña!