Novas durante a 3º semana de Xaneiro: do 14 ao 20 de Xaneiro
Novas sobre a situación
Nesta última semana sairon diversas noticias como a confirmación do Ministro de Guindos de que o canxe de preferentes e subordinadas chegará a finais de Febreiro. Parece que o Ministro indicou que iba ser compatible coas arbitraxes, pero de momento non coñecemos a letra pequena deste anuncio. Como teñamos que esperar pola arbitraxe, a este paso de 30-60 casos diarios, non cobramos ata que venzan as preferentes... Como dixemos sempre, seguiremos loitando pola devolución inmediata do 100% dos nosos aforros.
Por outra banda, tanto PP como PSOE anunciaron que iban crear unha comisión para supervisar a arbitraxe, xunto co Banco de España, Comisión Nacional do Mercado de Valores.....Sorprende que se cree unha comisión para supervisar a arbitraxe con aqueles que non supervisaron a venta de preferentes e subordinadas. Mentres se realizaba esta mala comercialización masiva, parece que estaban mirando para outro lado. Sobran os comentarios.
https://economia.elpais.com/economia/2013/01/16/actualidad/1358362841_202841.html
Novas de Mobilizacións que continúan no resto de Galicia
https://www.crtvg.es/informativos/afectados-polas-preferentes-pechanse-no-concello-de-tui-511164
etc, etc, etc.