Gas Natural recompra as súas preferentes ao 93%

16.04.2013 22:00

GAS Natural Fenosa emitiu preferentes no ano 2003, que foron vendidas por diversas entidades bancarias, entre elas Novagalicia Banco. O seu importe equivale a 609,24 millóns de euros.

Hoxe coñeceuse que Gas Natural Fenosa recomprará esas preferentesa o 93% dos seu valor, é dicir, cun desconto do 7%, segundo lle comunicou á CNMV (o cal seguno a empresa implica unha rentabilidade do produto total nestes anos do 3,74%)

As preferentes de Gas Natural Fenosa pagáranse en efectivo o próximo 20 de maio, unha vez finalice o período de aceptación (do 17 de abril ao 16 de maio).