Concentración en Santiago de Compostela o día 1 decembro.

28.11.2012 22:00

Este sábado 1 de Decembro foron convocadas diversas manifestacións en toda España (Madrid, Barcelona e Valencia) por Adicae (Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros) para protestar polas preferentes, subordinadas e produtos tóxicos comercializados pola banca.

 

As Plataformas Galegas de Afectados de Novagalicia Banco decidiron participar tamén nunha gran concentración que se organizará en Santiago de Compostela. A concentración será en Santiago de Compostela porque ademais ese día será o acto de toma de Posesión do novo Presidente da Xunta de Galicia, o señor Feijóo. Por primeira vez, tal e como anunciaba Feijóo, o acto de posesión será a porta cerrada en lugar dos grandes actos que sempre tiñan lugar no Obradoiro.

 

A pesar diso, as Plataformas de Afectados queren recordarlle esta grave Estafa (que sofren 70.000 familias galegas) ao novo presidente da Xunta de Galicia, xa que é a el o que lle corresponde arranxar o noso problema, e trasladarlle as nosos inquietudes ao seu compañeiro de partido, o Ministro de Economía, Sr. De Guindos. Hoxe coas noticias do rescate bancario, dende Bruselas deixouse claro que o problema debe arranxarse aquí en España. No caso de Novagalicia Banco, será o goberno e o banco os que determinen as condicións da quita.

 

Queremos saber o que vai pasar cos nosos aforros xa. Queremos que nos devolvan os noso aforros,  a nosa política é a devolución dos cartos ao 100% dos estafados. Somos aforradores e non queremos pagar esta estafa!!!

 

Así que Mobilízate e non quedes sentado na túa casa, vendo como te estafan. Se ti non protestas, ninguén vai recuperar os cartos por ti. E cada vez queda menos tempo.

Horario de Saída do Autobús de Ourense (rógase puntualidade):

- 8:30 de Expourense

- 8:40 Alameda

Horario de Volta a Ourense: saída sobre as 13:00 de Santiago de Compostela.

 

Todos os afectados e afectados que vos queirades anotar, contactade coa Plataforma a través do correo ou dos teléfonos canto antes (enviade os vosos datos, DNI e número de teléfono móbil).

 

As malas novas que nos rodean:

www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/28/bruselas-deja-manos-gobierno-bancos-quita-preferentes/00031354099763795832650.htm

ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/28/galicia/1354122419_704498.html

www.publico.es/dinero/446561/bruselas-castiga-a-los-estafados-por-preferentes-con-su-plan-de-rescate-a-la-banca-nacionalizada