Concentración en Santiago de Compostela o día 1 de decembro.
Este sábado 1 de Decembro foron convocadas diversas manifestacións en toda España (Madrid, Barcelona e Valencia) por Adicae (Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros) para protestar polas preferentes, subordinadas e produtos tóxicos comercializados pola banca.
As Plataformas Galegas de Afectados de Novagalicia Banco decidiron participar tamén nunha gran concentración que se organizará en Santiago de Compostela. A concentración será en Santiago de Compostela porque ademais ese día será o acto de toma de Posesión do novo Presidente da Xunta de Galicia, o señor Feijóo. Por primeira vez, tal e como anunciaba Feijóo, o acto de posesión será a porta cerrada en lugar dos grandes actos que sempre tiñan lugar no Obradoiro.
A pesar diso, as Plataformas de Afectados queren recordarlle esta grave Estafa (que sofren 70.000 familias galegas) ao novo presidente da Xunta de Galicia, xa que é a el o que lle corresponde arranxar o noso problema, e trasladarlle as nosos inquietudes ao seu compañeiro de partido, o Ministro de Economía, Sr. De Guindos. Hoxe coas noticias do rescate bancario, dende Bruselas deixouse claro que o problema debe arranxarse aquí en España. No caso de Novagalicia Banco, será o goberno e o banco os que determinen as condicións da quita.
Queremos saber o que vai pasar cos nosos aforros xa. Queremos que nos devolvan os noso aforros, a nosa política é a devolución dos cartos ao 100% dos estafados. Somos aforradores e non queremos pagar esta estafa!!!
Así que Mobilízate e non quedes sentado na túa casa, vendo como te estafan. Se ti non protestas, ninguén vai recuperar os cartos por ti. E cada vez queda menos tempo.
Horario de Saída do Autobús de Ourense (rógase puntualidade):
- 8:30 de Expourense
- 8:40 Alameda
Horario de Volta a Ourense: saída sobre as 13:00 de Santiago de Compostela.
Todos os afectados e afectados que vos queirades anotar, contactade coa Plataforma a través do correo ou dos teléfonos canto antes (enviade os vosos datos, DNI e número de teléfono móbil).
As malas novas que nos rodean:
ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/28/galicia/1354122419_704498.html