11000 Reclamacións sobre preferentes diante da Comisión Nacional de Mercado de Valores no 2012

13.03.2013 22:00

Nesta semana coñecemos que a Comisión Nacional de Mercado de Valores (CNMV) , informaba do gran incremento de reclamacións que recibirán durante o ano 2012. Segundo a Presidenta da CNMV, estas pasaran de 2000 a 11000 reclamacións durante o ano 2012 (do total de entidades financeiras de España).

Estas reclamacións son un número moi reducido para o elevado número de produtos tóxicos que foron comercializados polas entidades financeiras. No caso de Novagalicia Banco, hai 70.000 preferentes e subordinadas, polo que inda quedan moitas reclamacións que presentar sobre e este banco.

economia.elpais.com/economia/2013/03/12/agencias/1363087161_372540.html

www.rtve.es/alacarta/videos/la-tarde-en-24-horas/denuncias-cnmv-se-multiplican-cinco-2012/1717436/

 

No seguinte enlace explícase como presentar a reclamación na CNMV. Seguimos animando a todo o mundo que presente as reclamacións na Comisión Nacional de Mercado de Valores, para seguir denunciando a estafa do Banco. E tamén será positivo, se de cara o futuro queremos continuar por vía xudicial, para mostrar que fixemos todas as reclamacións posibles contra a entidade.

www.cnmv.es/PortalInversor/section.aspx?hid=154

Formulario descargable en:

www.cnmv.es/DocPortalInv%5COtrosPDF%5CES-Formularioreclamacion12.pdf