A Concentración das Plataformas de Afectad@s Preferentes e Subordinadas ante o Parlamento de Galicia

17.11.2012 19:18

O venres 16 de Novembro a Plataforma de Ourense asistiu á Santiago de Compostela, á concentración convocada por todas as Plataformas de Galicia de afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco.

A finalidade desta concentración era recordarlle ao novo Goberno que se constituía ese día no Parlamento de Galicia, o grave problema que sufrimos máis de 70.000 familias galegas: a fraude das preferentes e subordinadas comercializadas polas antigas Caixas Galegas.

A arbitraxe de momento solo solucionou  2 de cada 10 casos. Polo tanto quedamos máis do 80% dos aforradores estafados sen ningunha solución. Seguimos reclamando solucións para o 100 % dos aforradores estafados, axilidade no proceso da arbitraxe, Xustiza e condena dos que xestionaron mal as caixas e enganaron aos seus clientes de toda a vida.

Aquí vos quedan algunhas das fotos realizadas, e enlaces das noticias que se fixeron eco da concentración.

 

 

 

 

 

 

(Como podedes ver, un gran despliegue policial. Que pena que non estiveran protexéndonos así a nós e aos nosos aforros cando nos enganaron nas caixas de todas a vida).

Noticias

ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/16/galicia/1353062578_557364.html

www.europapress.es/sociedad/consumo-00648/noticia-afectados-preferentes-reciben-pitos-nuevos-diputados-gallegos-20121116132945.html

www.diariovasco.com/agencias/20121116/mas-actualidad/politica/afectados-preferentes-desahucios-protestan-ante_201211161109.html

www.europapress.es/economia/noticia-av-centenares-afectados-preferentes-galicia-reciben-pitos-diputados-les-exigen-soluciones-20121116114624.html

www.youtube.com/watch?v=SLNVCb5WXVw