Últimas novas sobre o canxe e a quita, e sobre a falta de supervisión do Banco de España

08.01.2013 16:00

Estas son algunhas das novas aparecidas nos medios de comunicación sobre o canxe e a quita. Falan de que de media será dun 50% para preferentes e dun 10% para subordinadas. Como xa dixemos anteriormente, iso é o que din os xornais. Haberá que esperar a que salgan os datos concretos para cada produto, xa que a quita vai depender da data de emisión, tipo de interese cobrado, data de vencemento…Haberá que esperar a ter toda a letra pequena por escrito.

Como xa avisamos fai tempo, COIDADO con firma a aceptación do canxe e da quita. A firma da aceptación, impedirá calquera vía xudicial contra o banco. O que debemos ter claro, é que se fomos enganados polo Banco, temos dereito a recuperar todos os nosos aforros, ou por vía do arbitraxe, ou se este remata, por vía Xudicial.

 

Por outro lado, ao mesmo tempo que o Banco de España nos vende o “ favor “ dunha quita do 50%,  saen numerosas noticias a luz que falan de que o Banco de España miraba para outro lado mentres pasaban cousas raras nos bancos e caixas.

A que se dedicaba o Banco de España mentres as caixas galegas vendían preferentes e subordinadas a miles de familias galegas????  Inda que o produto fose legal, non é certo que a alguén lle debería chamar a atención que aparecesen miles de “inversores profesionais” especializados neste produto??  Que pasa cos miles de galegos estafados aos que inda non nos devolveron os nosos aforros????

 

Sobre a quita

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/01/03/ncg-pagara-preferentes-acciones-febrero-tras-quita-50-/0003_201301G3P28991.htm

https://www.cincodias.com/articulo/mercados/ncg-cx-esperan-fondo-garantia-rescate-preferentes/20130103cdscdsmer_10/

https://www.europapress.es/galicia/noticia-titulares-preferentes-dicen-gobierno-quien-debe-devolver-dinero-no-fondo-garantia-depositos-20130104184708.html

 

Sobre o Banco de España

https://economia.elpais.com/economia/2013/01/05/actualidad/1357419212_751016.html

https://economia.elpais.com/economia/2013/01/08/actualidad/1357671452_575247.html