Sábado 21 Xullo: Manifestación en Santiago de Compostela

10.07.2012 18:00

O sábado 21 de xullo haberá unha nova manifestación en Santiago de Compostela co resto de plataformas de Galicia. É importante que colapsemos as rúas de Santiago, estamos nun momento crítico e temos que agotar todos os cartuchos para que se nos de unha solución xa. NON PODEMOS CALAR NIN PARAR, ATA OS CARTOS RECUPERAR.

 

A pesar de que sexa verán e moita xente este disfrutando das vacacións, o problema non se vai de vacacións. Non podemos parar de loitar porque se paramos vamos a quedarnos sen opcións: O risco de perder os aforros depositados en Preferentes e Subordinadas é moi grande. Non podemos olvidar que nos enganaron, somos víctimas dunha ESTAFA.

 

Dende Ourense saíran autobuses ás 8.30 da Alameda (rúa Progreso), realizarase unha parada aínda por determinar segundo o lugar de residencia dos viaxeiros.

Podedes irvos anotando no enderezo electrónico: afectadosourense@hotmail.com

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA: SÁBADO, 21 DE XULLO. HORA: 11 DA MAÑÁ.

Percorrido: SAIDA DA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA * AVDA. XOAN CARLOS I * RÚA DOUTOR TEIXEIRO * RÚA DA ROSA * RÚA MANUEL COLMEIRO * RÚA ANTONIO CESARES * RÚA DO HÓRREO (PARADA EN FRONTE DO PARLAMENTO DE GALICIA) * RÚA DAS ORFAS * RÚA NOVA * RÚA XELMIREZ * PRAZA DA QUINTANA.