Rexeitamento do PP a crear unha comisión de Seguimento da Arbitraxe de Novagalicia Banco
O día 6 de marzo, o PP rexeitou crear unha Comisión de seguimento da arbitraxe de Novagalicia Banco. Polo tanto seguiremos sen ter unha arbitraxe clara e transparente. Como se soupo dende o principio, a arbitraxe é realizada por unha empresa privada (Pricewaterhousecoopers), pero esiximos coñecer os criterios da arbitraxe que realizan, coñecer as verdadeiras regras de xogo para que de verdade sexa transparente.
O PP négase a isto. Por que??
E inda por riba, din que van proporcionar datos mensualmente das arbitraxes realizadas...Agardaremos, porque dende que pasaron as eleccións, a Xerente do IGC non volveu a proporcionar datos a pesares de pedirllos en repetidas ocasións.
Enlaces coas noticias
www.abc.es/local-galicia/20130305/abci-seguimiento-arbitrajes-201303051715.html
Documento do acordo
Rechazo Comision Arbitraxe.pdf (33 kB)