Reunión co PSOE para aclarar as informacións sobre a Comisión de Seguimento das Arbitraxes

06.02.2013 23:00

O mércores 6 de Febreiro houbo unha reunión con Carmen Gallego, deputada do PSOE, para aclarar todas as informacións que xurdiran a partir do pacto asinado entre PP e PSOE sobre a creación dunha comisión de seguimento.

A información que proporcionou foi que o pacto sobre a comisión de seguimento das Arbitraxes solo afectaba a Bankia. De momento foi un pacto dado a coñecer aos medios de comunicación, pero que inda non se puxo en marcha, non saben cando comezará a funcionar e descoñecen cales serán os mecanismos para que as arbitraxes de Bankia comencen a producirse. Un acordo que chega demasiado tarde para os galegos e que de momento non semella nada eficiente.

Por tanto, os membros de todas as Plataformas de Galicia transmitironlle a Carmen Gallego que lles parecía un pacto insuficiente xa que non nos afectaba aos estafados das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco. As peticións que se lle trasladaron:

-  Foi que houbese un pacto entre todos os partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia, non só entre os 2 maioritarios.

 - É que en canto á arbitraxe que está en funcionamento en Galicia, solicitouselle:

     - Coñecer cales son os criterios.

    - Axilizar as resolucións dos casos.

    - Que entren na Arbitraxe: preferentes, subordinadas perpetuas e subordinadas con plazo de vencemento.

- E dende logo que non establecesen cuotas para acudir á arbitraxe como sucedeu en Galicia. No seu día, o presidente de Novagalicia Banco indicou que na arbitraxe solo entrarían o 15% do total de casos, porque o resto non eran aforradores. O concelleiro de Economía tamén afirmara en Bruselas que só no 10% dos casos (dos 70.000) houbera unha mala comercialización. Na realidade, sabemos que iso non é así é que o 99% somos aforradores estafados.

 

 

www.farodevigo.es/galicia/2013/02/06/psdeg-pide-comision-seguimiento-incorpore-afectados-preferentes-igc-agilizar-arbitraje/753229.html

www.xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=89267

www.lavanguardia.com/local/galicia/20130206/54365126499/av-psdeg-pide-una-comision-de-seguimiento-que-incorpore-a-afectados-por-preferentes-y-al-igc-para-ag.html