Reunión Afectados Luns día 20 ás 20.30h

14.08.2012 20:11

 

O luns 20 de Agosto, ás 20:30h teremos unha reunión da plataforma no Auditorio de Ourense.
 
TEMAS A TRATAR
 
Información facilitada pola Directora de Consumo.
 
Fixar unha data para a próxima manifestación en Setembro da Plataforma en Ourense. Ata que todos os aforradores estafados recuperemos os nosos cartos non podemos parar de loitar  independentemente da decisión que cada un tome co seu caso en particular.
 
Moita xente pensa que a presión non serve de nada pero é a nosa mellor arma a pesar de que posiblemente non nos quede outra que acudir a xustiza ou probar a facer o que nos explicaron de consumo pero o certo é que estamos levando coa nosa presión ó banco a unha situación insoportable e que  o noso goberno autonómico se teña que matar a cabeza a pesar de que non fan o suficiente e que teñen as eleccións a volta da esquina.
As nosas protestan fan moito efecto por iso temos que seguir tamén acudindo as sucursáis cada martes e xoves como sempre con quedada no Paseo donde estaba a antiga Ibense.
 
O 18 de Agosto en Sanxenxo está convocada unha manifestación das plataformas de Pontevedra.