Presenza dos afectados polas preferentes no pleno do Concello de Ourense: 5 Abril

06.04.2013 22:00

O Venres 5 Abril os afectados polas preferentes e subordinadas fomos convidados a falar no Pleno do Concello de Ourense. Todos os grupos parlamentarios amosaron unanimidade no seu apoio aos afectados.

Esperamos que non quede en palabras, e que comecen a axudar de verdade aos afectados por esta estafa de Novagalicia Banco:

- Que non apoien o canxe e a quita.

- Que pidan un criterio claro e transparente da arbitraxe.

- Que os partidos políticos que estaban nos consellos de administracións da caixas galegas, comecen a sacar documentación sobre como se vendían as preferentes, de onde viña esa necesidade de capital das caixas....