Preferentes e Subordinadas demandan información na delegación da Axencia Tributaria en Ourense: 9 Abril 2013

09.04.2013 22:00

O día 9 de Abril os afectados da Plataforma de Ourense levaron a cabo unha nova manifestación na Delegación de Facenda de Ourense.

Ademais aproveitamos para informarnos sobre as consecuencias que o canxe e quita poden ter nas nosas declaracións. Tras a reunión co Delegado da Axencia Tributaria, en resume trasladounos:

- Todo o mundo que cobrase os seus cartos pola vía da Arbitraxe, debe vixiar que a minoración dos intereses (que se pudo producir na arbitraxe) apareza reflexada no Borrador de Facenda da declaración da Renda do 2012.

- A xente que inda posúe preferentes e subordinadas: será para o ano que ven cando teñamos que reflexar ese canxe e quita. De momento, segundo o Delegado da Axencia Tributaria de Ourense, non se sabe qué tratamento terá.