Participación de Afectad@s pola Estafa das Preferentes e Subordinadas o día da Manifestación do 14 de Novembro.

15.11.2012 19:00

O obxectivo de acudir coas camisetas á manifestación foi aproveitar a ocasión para mostrar que o problema das preferentes e subordinadas inda está lonxe de solucionarse. Pretendíase transmitir a situación de desamparo na que estamos os estafados e sen que se faga Xustiza.

Hai que recalcar que a estafa das caixas galegas ten consecuencias directas sobre nós, os estafados, que estamos estafados e sen os nosos aforros. Ademais tamén ten consecuencias sobre toda a sociedade que ten que pagar o rescate financiero a estes bancos con novos recortes. E finalmente non podemos esquecernos da subida das taxas xudiciais.

 

A única política da Plataforma é devolución dos cartos ao 100% dos aforradores enganados por Novagalicia Banco, e de momento queda inda o 80% dos afectados sen recibir solucións.