Manifestación en Vigo: Sábado 22 Decembro, ás 11:00.

19.12.2012 18:00

O sábado 22 de decembro haberá unha nova manifestación dos afectados polas preferentes e subordinadas na cidade de Vigo, que comezará ás 11:00. Nun principio iba ser unha manifestación só da Plataforma de Vigo, pero ao final dado os últimos acontecementos uniranse máis plataformas. Os motivos sobran:

  1. Seguir denunciando públicamente, gracias aos poucos medios de comunicación que nos dan cobertura, a ESTAFA que sufrimos por parte de Novagalicia Banco, e que conta co beneplácito das decisións políticas.
  2. É Nadal, pero nós, 70.000 familias galegas seguimos estafadas polas caixas galegas, sen que nos devolvan os cartos ao 100% dos aforradores.
  3. A manifestación percorrerá as rúas máis céntricas de Vigo, cheas de xente realizando as compras de Nadal: ocasión perfecta para seguir facendo ruído e chamando a atención sobre o problema.
  4. Parécenos inaceptable que nos vendan como un favor a quita do 60%. Porque non explica o Ministro de Economía a letra pequena: canxe por accións que non cotizan en bolsa/ bonos de tesorería, que non permitirán recuperar o noso diñeiro ata que venza. Vannos dar papeis que non valen NADA!!!
  5. Hoxe afectados polas preferentes protestaron no Parlamento de Galicia, e os membros do Goberno galego abandonaron os seus escanos para non escoitar os problemas das familias galegas.
  6. Se queremos que siga a arbitraxe, e podamos entrar todos os aforradores estafados, hai que continuar presionando!!!!

 

As zonas de saída Ourense serán:

  • Expo-Ourense: 9:15
  • Alameda: 9:30

Os que estean interesados en acudir, avisar canto antes.

 

Traxecto da Manifestación en VIGO: concentración inicial sobre as 11:00 horas na zona da Rúa Urzáiz, á altura do cruce coa Rúa de Aragón. Posteriormente iniciarase unha marcha sobre as 11:15 ata a sede central de Nova Galicia Banco na Rúa Colón en Vigo, interrumpindo o tráfico no sentido da marcha polas Rúas Urzáiz,  Príncipe, Policarpo Sanz e Colón; con chegada a mesma preto das 13:00 horas, mantendo ás portas da mesma unha concentración duns 15 minutos, rematando a manifestación arredor das 13:15 – 13:30 horas.

Polo tanto, regreso a Ourense ao finalizar.

 

NON VAMOS CALAR, ATA OS CARTOS RECUPERAR!!!

ESTAMOS ESTAFADOS, E COA QUITA AMOLADOS!!!!!!!