Manifestación A Coruña : 23 Febreiro 2013
O sábado 23 de Febreiro haberá unha nova manifestación de todas as plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco. Todas as plataformas de Galicia acudirán á cidade de A Coruña , a manifestarse onde está a sede central de Novagalicia Banco. Ademais protestaremos enfrente do Palacio de Xustiza, reclamando que haxa Xustiza cos nosos aforros: que nos devolvan os cartos e que prospere a demanda do Fiscal Superior de Xustiza presentada na Coruña.
Hora de Comezo: 11:30 da mañá
Percorrido: Avda. Alférez Provisional * Avda. Linares Rivas * Rúa Notariado * Praza Galicia * Rúa Juana de Vega * Rúa San Andrés *
* Rúa Rúa Nova * Avda. de la Marina * Xardíns de Méndez Nuñez *