MANIFESTACIÓN 22 setembro Santiago de Compostela

17.09.2012 22:15

ESTE SÁBADO 22 DE SETEMBRO haberá unha nova manifestación de todas as plataformas de Galicia dos afectados pola estafa das participacións preferentes e obligacións subordinadas en SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comezará ás 11:30 na Alameda de Santiago de Compostela

ITINERARIO:  Rúa da Senra * Praza de Galiza * Rúa Doutor Teixeiro *  A Rosa *R. República Arxentina * O Hórreo * Rúa da Senra * Porta Faxeira * Rúa do Vilar * Praza Praterías *  Praza do Obradoiro.

 

Horario de Saída de Ourense:

- Expo Ourense : 9:00

- Alameda: 9:15

- Carballiño:9:30

 

LÍMITE para anotarse: Venres 21, á mediodía (15:00 horas)

Para apuntarse aos autobuses ( 10 euros do billete do bus.)

- Nas protestas das sucursais : Xoves 20-setembro ás 10:00 na rúa do Paseo(enfronte a tenda Geox, antiga Ibense)

- Os que non podan acudir ás sucursais, que envíen os seus datos de contacto ao correo electrónico da plataforma (afectadosourense@hotmail.com).

 

Unha vez máis é importante a presencia de todos os afectados, temos que deixar patente que somos máis de 43.000 galegos estafados pola que era a Caixa de todos os galegos, a nosa Caixa de confianza, é que nos enganou co benéplacito de todos os partidos políticos, e sen a vixiancia necesaria do Banco de España e da CNMV.

Agora que os políticos están en campaña e que todos nos ofrecen "solucións", nós seguimos sen entender de política. A nosa única política é a devolución dos nosos aforros ao 100% dos aforradores estafados. Seguiremos recordando que non somos Inversores, somos Aforradores.

 

Recordamos que síguennos sobrando os motivos para manifestarnos, ademais de que inda non nos devolveron os cartos aos 43000 afectados, políticos cómplices deste fraude, arbitraxe lenta e sen un procedemento claro, denuncias a banqueiros archivadas, denuncia de Fiscalia da que non se sabe nada, etc, etc ....

https://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/15/galicia/1347713321_896923.html

https://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/17/galicia/1347909910_089271.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/09/19/archivadas-cuatro-denuncias-contra-empleados-ncg-preferentes/0003_201209G19P28993.htm

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/09/19/consumo-senala-banco-marca-criterio-devolver-dinero-preferentes/684434.html