Manifestación 2 Febreiro ás 11:30. SANTIAGO DE COMPOSTELA

28.01.2013 20:00

O sábado 2 Febreiro haberá unha nova manifestación en Santiago de Compostela, para pedir a devolución dos nosos aforros.

A Manifestación acabará ao lado da casa do Presidente da Xunta de Galicia. A ver se así se entera dunha vez do que está pasando entre a cidadanía. En lugar de realizar informes xudiciais sobre as protestas dos afectados polas preferentes no Parlamento, ben podía encargar informes sobre o funcionamento das caixas galegas.

Xa que o Presidente da Xunta de Galicia non quere recibir aos afectados das preferentes, e nin sequera nos mira ( como na súa visita á Diputación de Ourense, Inauguración da autovía de Celanova).

NON SOMOS INVERSORES, SOMOS AFORRADORES!!!!

ESTAFADOS POLO BANCO, EXPROPIADOS POLO GOBERNO!!

NON IMOS PARAR ATA OS CARTOS RECUPERAR!!!

 

HORA DE COMEZO: 11:30

PERCORRIDO

Alameda *  Rúa da Senra * Praza de Galicia *  Rúa do Hórreo * Rúa das Horfas *  Praza do Toural * Rúa do Vilar * Rúa de Fonseca *

Praza do Obradoiro * Rúa de San Francisco * Avda. Xoán XXIII * Rúa de Domingo García-Sabell *  Rúa de Galeras * Costa de Santa Isabel *

* Casas Novas = Casa Oficial do Presidente da Xunta de Galicia *

 

Saída de Ourense:

- 9:30 : Expo-ourense

- 9:40: Alameda

- 10:10: Carballiño