Charla sobre A Destrucción das Caixas de Aforro (15 de Novembro ás 20:00)

14.11.2012 11:09

Este XOVES 15 de Novembro haberá unha charla na Universidade, á que foi convidada a Plataforma de Ourense para explicar o problema das preferentes e das subordinadas.

Por tanto, invitamos a todos os afectados e afectadas que estén interesados no tema a a a asistir:

 

A DESTRUCCIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO.

  • Miguel Quinteiro – Plataforma pola Banca Pública

  • María Gago – Plataforma Afectados polas Preferentes

  • Encarna Estevez e Sinzan – Plataforma afectados pola hipoteca

A charla terá lugar ás 20:00 na Sala 2.4 do Edificio de Ferro do Campus de Ourense.