A nosa única política é a devolución dos cartos ao 100% dos aforradores estafados

24.10.2012 18:40

Despois de ter que aguantar a campaña na que Novagalicia Banco pedía perdón aos seus clientes, onte apareceron nos medios de comunicación numerosas noticias nas que o Presidente de Novagalicia Banco afirmaba que "as Plataformas de Afectados estaban politizadas, e que moitos dos que protestaban non eran nin afectados por esta Estafa das participacións preferentes e obrigacións subordinadas de Novagalicia Banco".

Invitamos aos dirixentes de Novagalicia Banco a visitar as protestas que realizamos nas súas sucursais, para que comproben de primeira man se somos afectados ou non. Como levamos dicindo dende fai case un ano,  a única política da Plataforma de Afectados de Ourense é a devolución do diñeiro a todos os aforradores estafados.

Gracias á arbitraxe, moitos puideron recuperar os seus cartos. Pero desgraciadamente, quedan moitos outros aforradores sen recibir o diñeiro que teñen secuestrado, xa que non tiveron noticias sobre a arbitraxe: non saben se o banco acepta facerlles unha proposta ou non (segundo os datos dados polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, de arredor de 33.000 solicitudes recibidas no Instituto Galego de Consumo, hai 4900 propostas favorables).

Non sabemos ata cando se seguirá realizando a arbitraxe, polo que non temos garantías de que todos os aforradores recuperen os seu diñeiro antes de que non impoñan a quita. E a preocupación dos afectados e das plataformas segue crecendo. Polo tanto se a consultora está saturada de expedientes, que poñan máis xente a traballar, porque os aforradores estafados están vivindo situacións moi críticas sen o seu diñeiro.

Mentres quede un aforrador sen recuperar o seu diñeiro, seguiremos manifestándonos porque como di o señor Castellano, estamos no noso dereito.

 

Enlaces coas noticias sobre o tema

ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10/23/galicia/1350987487_091707.html

economia.elpais.com/economia/2012/10/23/actualidad/1350988748_946557.html

www.farodevigo.es/portada-arousa/2012/10/18/temor-afectados-preferentes-desaparicion-arbitraje-diciembre/698201.html

www.abc.es/20121023/economia/abci-novagalicia-perdidas-inversores-preferentes-201210231307.html

www.elidealgallego.com/articulo/economia/castellano-asegura-que-10-000-personas-cobraron-el-dinero-de-las-preferentes/20121024010907082572.html

www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/10/24/devueltos-170-millones-preferentes/0003_201210G24P32995.htm

www.cincodias.com/articulo/mercados/10000-clientes-novagalicia-han-cobrado-dinero-preferentes/20121023cdscdsmer_8/