TODAS AS PLATAFORMAS DE GALICIA UNIDAS NA GRAN MANIFESTACION DE SANTIAGO DO DÍA 21 DE XULLO

23.07.2012 23:52

Unión entre as Plataformas de Galicia na gran manifestación de Santiago para esixir a devolución do 100% dos aforros aos Galegos estafados por Caixanova e Caixagalicia coa comercialización enganosa de Participacións Preferentes e Obrigacións Subordinadas. 

Non somos inversores somos aforradores estafados e queremos que nos devolvan os nosos cartos inmediatamente.

Non estamos de acordo co arbitraxe como solución porque non nos fiamos de esta medida proposta polo Sr.Feijoo o cal  demostrou que está o lado dos estafadores en lugar de defender o pobo Galego, medida de solución que curiosamente coincide coa que agora propón Novagalicia Banco.

Con esta medida o que pretenden é solucionar un pequeno porcentaxe de casos un 15% dos 43.000 que hai en Galicia para quedar como que solucionaron o problema e así rematar de lavar a súa deteriorada imaxe.

A aceptación do arbitraxe cerra a porta a vía xudicial se o laudo é desfavorable para o aforrador estafado.

Os aforros dos Galegos non só son cartos, son o traballo de toda unha vida ou as ilusións de unha nova, cartos dos que  Caixanova e Caixagalicia se quixeron apropiar presentandoos como capital propio para mellorar os seus balances despoís de unha pésima xestión das Caixas Galegas que as levaron a quebra.

Están a utilizar os cartos de Buselas para facerse un lavado de imaxe pero a nós quedannos folgos e moito corazón para seguir loitando polo que é noso.

Este é un enlace dun video da manifestación que fixo un afectado da zona de RIbadavia e que reproduce o sentir, indignación e aclamación do pobo Galego loitador.

https://www.youtube.com/watch?v=Mcg_2_D5YYA&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=LJGqdxI30s4&feature=channel&list=UL

https://www.youtube.com/watch?v=Mcg_2_D5YYA&feature=youtu.be

Algunhas das noticias relacionadas coa manifestación

https://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/21/galicia/1342898513_656443.html

https://www.farodevigo.es/galicia/2012/07/21/afectados-preferentes-manifiestan-santiago/667370.html

https://www.abc.es/videos-espana/20120721/afectados-participaciones-preferentes-toman-1747109056001.html

https://www.elcorreo.com/agencias/20120721/economia/miles-personas-afectadas-preferentes-manifiestan_201207211545.html

https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/marea-afectados-preferentes-subordinadas-toma-calles-compostela/idEdicion-2012-07-21/idNoticia-757494/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/07/22/indignacion-toma-vez-calle/0003_201207G22P33991.htm

https://www.laregion.es/noticia/217576/miles/afectados/preferentes/santiago/

https://mas.farodevigo.es/galeria/galeria.php?galeria=1615&orden=0

https://www.invertia.com/noticias/manifestantes-santiago-afectados-preferentes-novagalicia-2734445.htm