Sobre o Canxe e a súa firma

26.12.2012 13:20

Novagalicia Banco xa está informando vía carta da chegada da quita a algúns dos clientes.

Para todos os afectados que posuamos Preferentes e Subordinadas, é importante ter coidado cos novos papeis que nos poidan pasar nas sucursais para firmar que estamos de acordo co canxe. A firma de aceptación do canxe implicará renunciar á vía xudicial.

Polo tanto é imprescindible ter coidado con todo o que firmemos nas sucursais e ler ben todo. Xa nos estafaron unha vez, e non queremos que aparezan novos problemas.

Sería importante coñecer exactamente as condicións exactas da quita, e do canxe, e o funcionamento de todo, antes de renunciar aos nosos dereitos de acudir á vía xudicial.

Que saibamos de momento non se está levando a cabo este procedemento.Pero a nosa labor é informar polo que poda pasar. Unha vez que se coñezan as condicións exactas do canxe e da quita, e despois de ler toda a letra pequena, cada un deberá valorar a súa situación.

http://www.publico.es/espana/447181/guia-practica-para-que-los-bancos-no-le-timen-con-las-preferentes

 

 

A día de hoxe, e como informamos na reunión do día 10 de Decembro, o que se sabe é:

  • Sobre a Arbitraxe

Segundo a Xunta de Galicia está autorizada ata o 31 de Decembro. Segundo Novagalicia Banco, aínda que o seu desexo é que seguise, teñen constancia de que remata a finais deste mes. Oficialmente, non se comunicou nada.

 

  • Sobre o CANXE:
-Preferentes, e Subordinadas sen plazo de vencemento: serán canxeadas por accións que non cotizan, de Novagalicia Banco.
-Subordinadas con plazo de vecemento: serán canxeadas por Bonos de Tesorería. Cando chegue o plazo de vencemento, devolverase o diñeiro despois de aplicarlle a quita correspondente .

Que significa isto? Que non poderemos recuperar / retirar o noso diñeiro en efectivo ata o plazo de vencemento, e despois de aplicarlle a correspondente quita. Ademais indicaron que non se pagarían intereses, nin dividendos, nin nada.

 

  • Sobre a QUITA:
-A información facilitada polo Banco foi: calcularase segundo o tipo de produto (preferentes ou subordinadas), ano de vencemento do produto, tipo de interese cobrado….
-O Ministro Luis de Guindos afirmou onte, martes 18 de decembro, que en media a quita será do 60%. Tamén indicou que dependería do tipo de interés, vencemento, tipo de produto….Pero non concretou nada máis.

 

Noticias sobre o tema

 http://www.farodevigo.es/galicia/2012/12/18/guindos-titulares-preferentes-recuperaran-60/728946.html

http://www.europapress.es/galego/noticia-plataformas-afectados-ncg-rexeitan-quita-avisan-non-aceptaran-troco-accions-non-valen-nada-20121218174643.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/12/18/galicia/1355831299_111493.html

http://www.farodevigo.es/galicia/2012/12/18/guindos-frob-tendra-100-control-ncg-caja-perdera/728983.html

http://www.europapress.es/economia/noticia-quita-preferentes-ncg-banco-estara-30-70-be-20121129000407.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/12/19/duenos-preferentes-recibiran-60-optan-acciones/0003_201212G19P2993.htm

http://www.rtve.es/noticias/20121218/guindos-anuncia-proceso-arbirtraje-para-clientes-tengan-preferentes-bankia/589181.shtml