REUNIÓN XOVES 19 DE XULLO NO AUDITORIO DE OURENSE ÁS 20:45H

12.07.2012 00:00

A reunión será o día 19 de xullo no Auditorio, ás 20:45.

 

Inscripción para ir á manifestación conxunta co resto dos afectados de Galicia o día 21 de Xullo en Santiago de Compostela. Iremos en autobuses dende Ourense que sairan sobre as 8:30h da mañá (da Alameda de Ourense).

O prezo variará en función dos que sexamos, que deberiamos ser moitos!!
Por motivos de organización é importante que veñan a reunión para inscribirse, aboar o importe do autobús e falar da manifestación.

 

- Repartiremos de novo os pasos informativos para presentar as reclamacións e os modelos.

- Repartiremos tamén as camisetas xa abonadas e anotaremos a xente que as queira.

 


Como vimos comentando esta semana a situación é moi critica.  Xa de entrada van a facer unha quita do 50% dos cartos que teñamos posicionados nestas participacións, e a outra metade a saber si a recuperaremos algún día, están recapitalizando os bancos que nos roubaron como Novagalicia Banco cos nosos aforros.


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/07/11/30-50-quita-accionistas-clientes-preferentes/0003_201207G11P3991.htm

https://economia.elpais.com/economia/2012/07/10/actualidad/1341932165_331354.html

 

A pesar desta situación, e que coa crise queren aproveitar para cargarnos as pérdidas dos bancos, non podemos esquecer que nós non queriamos esta basura das preferentes e subordinadas. Que se enteren xa de que SOMOS AFORRADORES, NON INVERSORES!! Fomos víctimas dunha ESTAFA e imos continuar loitando!!!!