Reunión da Plataforma de Afectados co Delegado Territorial da Xunta de Galicia: Queremos solucións XA

24.10.2012 18:00

Onte algúns dos afectados da Plataforma de Ourense, acudiran ao Instituto Galego de Consumo para interesarse polos seus expedientes. Alí se atoparon co Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, que accedeu a reunirse cos membros da Plataforma para escoitar as súas queixas.

A Plataforma de Afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco trasladoulle que nos últimos días non se estaba tendo noticias do arbitraxe, ademais de detectar diversas deficiencias:  expedientes que non aparecían en Consumo, xente que non se estaba chamando para arbitrar e se estaban realizando as vistas de arbitraxe sen a súa presenza; solicitudes de arbitraxe realizadas fai meses sen obter ningunha resposta positiva ou negativa por parte do banco…

O retraso nas resolucións tamén se detectou a través doutras Plataformas de Afectados

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10/20/galicia/1350753426_763942.html

O Delegado Territorial afirmou que o Instituto Galego de Consumo estaba facendo todo o posible por axilizar o sistema. Teñen 23 árbitros traballando, e levan 3517 laudos arbitrais favorables emitidos (e teñen arredor de 33000 reclamacións recibidas). Por outra banda, indicou que a Xunta non podía responsabilizarse se a consultora contratada por Novagalicia Banco tardaba en analizar cada un dos casos: “o problema é que cada expediente chegue á Xunta Arbitral"

Finalmente indicou que lle trasladaría as queixas sobre as deficiencias detectadas aos responsables de Consumo.

Mentres tanto, toca seguir loitando para que todos os aforradores estafados por Novagalicia Banco recuperen os sus cartos!! Queremos solucións xa, antes de que chegue a famosa quita.

Noticias:

www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/10/24/afectados-preferentes-piden-solucion-rapida/701380.html

elprogreso.galiciae.com/nova/205310.html

http://www.finanzas.com/noticias/economia/20121023/afectados-preferentes-ourense-piden-1585979.html