Reunión con José María Castellano

12.06.2012 16:43

Onte luns 11 de xuño, cando varios afectados nos dirixíamos a unha sucursal da cidade de Ourense, recibimos a información de que Castellano, presidente de NGB, estaba en Expourense.

 

Dirixímonos ata alí co ánimo de poder falar con el. Logo de un pouco nas portas das instalacións, Castellano se reuniu cos 15 estafados que alí estabamos. 

 

As novas non son as que esperabamos dunha solución ó secuestro dos nosos aforros, sinón unha chamada á paciencia ata o 28 de xuño e emplazarnos á vía da arbitraxe. 

Os afectados lle comunicamos que a arbitraxe non era unha posibilidade xa que como el mesmo nos confirmou so cubriría a un 10 ou 15% dos afectados polo fraude. Confirmounos que a Xunta sería o árbitro, e descoñecemos cales son as caracterísitcas de un inversor "non cualificado" polo tanto lle fixemos saber que seguiríamos coas nosas mobilizacións. 

 

Durante a hora que durou a entrevista chegamos á conclusión que o Goberno de España ten a posibilidade de solucionar isto, o propio Castellano nos confirma haber estado 37 veces en Madrid pedindo deixalo devolver os cartos. Logo de pensar nos xurde unha dúbida, si eles teñen os cartos porque solicitaron unha nova inxección de capital?, cada quen debe sacar as súas conclusións. Si a Xunta recibe axudas de NGB, pòrqué ía querer arbitrar imparcialmente cando é coñecedora de que as cousas non se fixeron ben, de novo que cada quen pense o que lle pareza. 

 

E por último si o 28 de xuño ven aprobado o plan de recapitalización de NGB e os productos tóxicos se revalorizan porqué ía haber un comprador si hoxe non o hai cando ese produto custará máis?

 

Deixamos os enlaces da prensa para que botedes unha ollada

 

 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/conflicto-das-participacions-preferentes-galicia-poderia-ter-solucion-finais-xuno/idEdicion-2012-06-11/idNoticia-750680/

 

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/06/11/castellano-asegura-finales-junio-habra-solucion/656101.html

 

http://www.finanzas.com/noticias/economia/20120611/afectados-preferentes-ourense-exigen-1408969.html

 

http://www.lavanguardia.com/local/20120611/54309634208/castellano-traslada-a-un-grupo-de-afectados-por-preferentes-en-ourense-que-a-finales-de-junio-habra.html

 

http://es.finance.yahoo.com/noticias/castellano-traslada-grupo-afectados-preferentes-161726208.htmlhttp://www.eleconomista.es/interstitial/volver/aig8jun12/empresas-finanzas/noticias/4035352/06/12/Novagalicia-Castellano-asegura-que-habra-una-solucion-a-las-preferentes-en-junio.html

 

http://www.entitulares.com/news/novagalicia-castellano-asegura-que-habra-una-solucion-a-las-preferentes-en-junio

 

http://www.europapress.es/galicia/noticia-castellano-traslada-grupo-afectados-preferentes-ourense-finales-junio-habra-solucion-20120611181024.html

 

http://www.laregion.es/noticia/212577/afectados/preferentes/ourense/exigen/castellano/solucion/