Protesta no Mitin peche de campaña de Rajoy e Feijóo en Ourense

24.10.2012 00:00

O venres 19 de outubro un grupo de afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco da plataforma de Ourense, acudiu a un mitín celebrado no Pavillón dos Remedios de Ourense, onde estaba presente o Presidente do goberno de España e o actual Presidente da Xunta.

O obxecto da protesta pacífica era aproveitar a presenza de ambos dirixentes na nosa cidade, para trasladarlle que os aforradores estafados non poden permitir que nos quiten os nosos cartos para rescatar un banco que enganou e estafou a miles de persoas. Neste momento son os nosos dirixentes os que están negociando unha quita e os que deben defender os nosos intereses. Por suposto, nin Rajoy, nin Feijóo se dignaron a acercarse aos afectados para coñecer o noso problema.

A Plataforma de Afectados estivo protestando pacíficamente enfrente do Pavillón dos Remedios, xunto con outros manifestantes de grupos estudiantiles que protestaban polos recortes. Todos se manifestaron de forma pacífica. Sen embargo, a policía cargou contra os manifestantes pacíficos, e incluso contra algúns dos fotógrafos que estaban alí.

Dende a plataforma pensamos que como estamos nunha democracia, seguiremos manifestándonos alí onde estimemos oportuno, mentres todos os aforradores non recuperemos os nosos cartos. Temos dereito a liberdade de expresión.

Agradecémoslle ao fotógrafo Oscar Pinal a difusión das imaxes que a policía tiña tanto interese en non mostrar.

Non imos calar ata os cartos recuperar!!!

 

Vídeo coas imaxes da protesta (realizado por Oscar Pinal)

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=bcINEbvbUcs