Protesta en Ourense o xoves 4 Abril : rexeitamento do canxe e da quita, e solicitude dunha arbitraxe transparente

05.04.2013 21:59

En Ourense seguimos reclamando unha arbitraxe transparente. Hai máis de 14000 laudos favorables que lle deron a razón aos aforradores estafados, polo que cremos que para evitar un agravio comparativo, todos deberíamos poder optar realmente á arbitraxe.

Hai localidades como Tui, nas que segundo o propio alcalde se chama a 43 afectados en 1 solo día facéndolle a proposta de arbitraxe. Cáles son eses criterios transparentes de arbitraxe?

Outra pregunta máis: por que os directores das nosas sucursais teñen que elaborar un informe sobre cada afectado?? Non é a consultora independente a que elixe?

https://www.farodevigo.es/galicia/2013/03/21/cuarenta-tres-afectados-tui-citados-dia-arbitraje/777558.html

https://www.farodevigo.es/galicia/2013/03/26/afectados-tui-aparcaran-encierro-mejorar-arbitraje/780760.html

Denuncias tamén na Coruña desa "selección" para a arbitraxe.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/04/05/denuncian-criba-casos-ncg-traves-llamadas-coruna/00031365194899012320437.htm

Fomos víctimas dunha “mala comercialización” destes produtos de risco, polo que solo aceptaremos a devolución íntegra do 100% dos meus aforros.

 

https://www.diariodearousa.com/articulo/economia/los-afectados-por-las-preferentes-exigen-transparencia-en-la-via-del-arbitraje/20130405053401019775.htm

https://www.laregion.es/noticia/248877/afectados/preferentes/piden/transparencia/criterios/arbitraje/