Protesta dos afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco no Pleno Extraordinario da Diputación de Ourense: Venres 18 Xaneiro de 2013

19.01.2013 20:00

Os afectados acudiron ao pleno Extraordinario celebrado na Diputación de Ourense o venres 18 de Xaneiro de 2013. Nese día celebrábase un pleno especial para debatir se a posibilidade de crear unha comisión de investigación para analizar as contratacións realizadas pola Deputación nas últimas décadas.

Que mellor ocasión, coa presenza de políticos de varios partidos e de numerosos medios de comunicación, de seguir coa nosa protesta. O venres tivemos que aguantar que o portavoz do PP, Plácido Álvarez, se solidarizase con esta grave estafa que sufrimos e dixera que a nosa indignación se debía á nosa desinformación. Parece que o portavoz do PP non se lembra de que votaron en contra dunha moción que instaba ao goberno galego a recurrir o RD e garantir a devolución íntegra do diñeiro aos aforradores. As diputacións estaban representadas nos consellos de administración das Caixas galegas, así que seguramente tamén teñen moito que contar ao respecto da mala xestión das caixas.

Seguiremos loitando polos nosos aforros onde faga falta, nas sucursais do banco, nos concellos, diputación....Non podemos permitir que o banco nos estafe, e os gobernos consintan.

Non somos inversores, somos aforradores!!!

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/01/18/galicia/1358548090_642012.html

 
 
 
 
 
 
Videos
 
 
(min 5:46 en adiante)
 
(min 12:09 en adiante)
 

http://multimedia.farodevigo.es/videos/galicia/20130118/afectados-por-las-preferentes-protestan-diputacion-ourense-125318.shtml

http://www.youtube.com/watch?v=nOUmwf6IrH8

http://www.youtube.com/watch?v=s2-etcrejCg

http://www.youtube.com/watch?v=RcE5WiPgSRg

 

Fotos