Protesta dos afectados en Xinzo de Limia

27.03.2013 22:00

O Mércores 27 Marzo acudimos os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco á vila de Xinzo de Limia, para apoiar aos afectados da zona.

No Concello de Xinzo de Limia hai centos de afectados que seguen sen recuperar os seus aforros. Segundo os datos proporcionados polo Instituto Galego de Consumo, houbo 198 reclamacións no IGC, das cales solo 41 remataron nun laudo favorable. O resto de reclamacións seguen pendentes e sen recibir noticias da aceptación de arbitraxe.

Segue sendo moi importante a Mobilización, así que seguimos animando aos afectados de Xinzo a organizar protestas na súa vila e seguir reclamando os seus aforros.

www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/03/27/vecinos-xinzo-manifiestan-contra-mina-feldespatos/00031364386100241142363.htm?idioma=galego

Deixámosvos algunhas das fotos realizadas: