Protesta das preferentes e subordinadas na Delegación do Ministerio de Economía e Facenda en Ourense

17.01.2013 22:00

Hoxe Xoves 17 de Xaneiro de 2013, continuamos coas protestas por todos Ourense, facendo chegar a noso grave problema a todos os cidadáns.

Diversas reivindacións soaron no edificio Delegación de Economía en Ourense.

Facenda somos todos, pero non todos temos os mesmos dereitos!!! Non somos inversores, somos aforradores!!!

Gracias a todos os funcionarios de Facenda polo apoio que nos mostraron durante a protesta, incluso ao Delegado da Axencia Tributaria: a pesar de que inicialmente o colleu por sorpresa a protesta, e non quería deixar pasar aos periodistas, ao final acabou disculpándose e mostrándonos o seu apoio.

 

NON PARAREMOS, ATA QUE COBREMOS!!!!

 

 
 
 

 

Vídeos

http://www.youtube.com/watch?v=Q7DBzcB0l28