Protesta da Plataforma de Ourense ante Feijóo, na presentación dos candidatos do PP Ourense para as Eleccións 2012

22.09.2012 00:00

Hoxe 21 de setembro, decenas de afectados pola estafa da preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco acudiu a protestar ante o señor Presidente da Xunta de Galicia, o señor Feijóo.  Feijóo acudía a Ourense para presentar aos candidatos do partido na provincia de Ourense para a vindeira campaña electoral.

Os afectados acudiron á súa visita, para seguir protestando pola estafa que sufren e a falta de solución inmediata para o 100% dos aforradores estafados. O Presidente da Xunta non quixo dirixirse aos afectados pola estafa das caixas galegas (Caixanova e Caixagalicia). Mentres ante os medios de comunicación o señor Feijóo presentaba : "un equipo unido con un proyecto común, entre sí y con los gallegos, que no es otro que Galicia" ; como presidente de todos nós, cidadáns de Galicia, non quixo recibirnos, nin moito menos interesarse polos problemas dos 43000 galegos e galegas estafadas.

Hoxe había moito despliegue policial, parece que lle damos medo ao señor Feijóo. Que pena que a policía non estivera presente cando nos roubaron nas sucursais, e que pena que non vaia buscar aos ex-directivos e metelos no calabozo.

Nós tamén estamos "en campaña electoral",a nosa única política é a devolución dos cartos ao 100 % dos aforradores estafados.

Non imos calar ata os cartos recuperar. NON SOMOS INVERSORES, SOMOS AFORRADORES.

O BANCO SIGUE MENTINDO, E O GOBERNO CONSENTINDO

 

www.europapress.es/nacional/noticia-21-feijoo-elogia-equipo-candidatos-ppdeg-augura-galicia-seguira-firmando-contratos-crecimiento-20120921175024.html

https://es.finance.yahoo.com/noticias/crecimiento-econ%C3%B3mico-creaci%C3%B3n-empleo-principales-objetivos-n%C3%BA%C3%B1ez-feij%C3%B3o-145436680.html

https://www.youtube.com/watch?v=q9nVeZ2EkvQ&feature=youtu.be

Noticia na Telemiño

https://www.youtube.com/watch?v=1XB8YrnsvB0&feature=plcp