Protesta da Plataforma de Afectados na Volta Ciclista a Galicia (Concello de A Peroxa)

18.09.2012 20:52

Este sábado 15 de setembro unha representación de afectados da Plataforma de Ourense estivo presente na segunda etapa da XI Volta Ciclista a Galicia.

Como sabemos a través da Plataforma de Afectados, o concello da Peroxa aglutina a máis de 400 afectados por este fraude de Novagalicia Banco. Os Afectados pola estafa das participacións preferentes e obligacións subordinadas de Novagalicia Banco maniféstaronse pacíficamente durante a etapa da Volta Ciclista que transcurría polo Concello da Peroxa.

Como cidadáns participaron animando aos ciclistas durante o percorrido polo seu concello, pero sen esquecerse do grave problema que teñen.  A verdade é que resultou desalentador como o Alcalde do Concello non brindou o seu apoio aos seus veciños, senón todo o contrario realizando desafortunados comentarios.

Unha vez máis repetimos que non entendemos da política, a nosa única política é a devolución dos cartos ao 100% dos aforradores. NORABOA AOS AFECTADOS QUE ACUDIRON POLA SÚA INICIATIVA.

Somos máis de 43000 galegos e galegas estafados, e seguiremos loitando ata os cartos recuperar!!

DEVOLUCIÓN DOS NOSOS AFORROS XA!!!

 

 

 

 

 

 

www.fgalegaciclismo.es/historico/galicia2012/voltagalicia2012.htm

www.facebook.com/media/set/?set=a.345286652231513.80263.100682000025314&type=1