Presións aos traballadores de Novagalicia Banco para vender preferentes: algo que xa se sabía dende fai anos. Queremos Xustiza

22.01.2013 23:00

Durante o luns 21 de Xaneiro, a cadena Ser comezou a facerse eco duns documentos que acreditaban que durante o 2009, os directivos das caixas galegas presionaran aos seus traballadores para vender preferentes. Dábanlle instruccións claras e directas de cómo vender o producto, e sobre as consecuencias de non facelo.
Que pena que nun ano de loita que levamos, non fosen aparecendo antes estes documentos. Parece que agora os traballadores de Novagalicia Banco que ven os seus postos de traballo en perigo, comezan a filtrar estas informacións. Esperamos que sigan aparecendo informacións do que levamos denunciando dende hai un ano: mala comercialización masiva e organizada destes produtos de inversión entre todos nós, aforradores, aos que só nos falaban de prazos fixos.


Esperamos que estes documentos cheguen á Xustiza, e que se nos devolvan os nosos aforros canto antes porque inda quedamos moitos, moitos, sen recuperalos.

Deixámosvos uns enlaces coa noticia.


http://www.cadenaser.com/espana/articulo/direccion-cajas-gallegas-presiono-empleados-vendiesen-preferentes/csrcsrpor/20130121csrcsrnac_26/Tes
(noticia con numerosos audios de afectados)

http://www.cadenaser.com/espana/articulo/necesito-saber-empleados-colaboran-venta-preferentes/csrcsrpor/20130122csrcsrnac_36/Tes

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2013/01/22/caixa-galicia-caixanova-presionaron-plantillas-vender-productos-complejos/0003_201301G22P28992.htm

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/01/22/caixa-galicia-insto-vender-preferentes-plantilla-queria-formar-parte-caja/744687.html


Programa de Hora 25 na Cadena Ser sobre como os traballadores de Bancos eran obrigados a vender preferentes (22 de Xaneiro de 2013)

http://www.cadenaser.com/opinion/audios/2100-obligados-vender-preferentes/csrcsrpor/20130122csrcsropi_11/Aes/