MAREA CIDADÁ 23 F: non debemos, non pagamos. Manifestación en Ourense

21.02.2013 23:14

Sábado 23 Febreiro ás 18:00: Manifestación en Ourense contra o golpe financeiro que estamos sufrindo 

Este sábado haberá unha manifestación en Ourense que comezará as 18:00 na Plaza Maior, rematando fronte á subdelegación de Goberno. Esta manifestación está convocada por diversos colectivos como afectados polos desahucios, pro sanidade pública, banca pública, democracia real, estudiantes....

Os afectados polas preferentes e subordinadas estamos invitados a asistir. Así que todos os afectad@s deberían asistir para protestar polo que estamos sufrindo: nós estafados por Novacaixagalicia e sen os nosos aforros, encima toda a sociedade ten que pagar o rescate dos bancos (neste caso Novagalicia Banco), e vémonos afectados por numerosos recortes en temas esenciais como a sanidade, educación e mesmo a democracia.

Non rescatemos bancos, e rescatemos ás persoas!!!

Por que lle chaman crise, cando queren dicir estafa?

Onde está a Xustiza para condenar aos culpables? 

 

Así que o 23 F tod@s en Ourense ás 18:00 na Praza Maior coas camisetas das preferentes e subordinadas, e coas vosas pancartas.