Manifestación Lugo: 15 de decembro ás 11:00 horas

12.12.2012 23:00

MANIFESTACIÓN EN LUGO: O SÁBADO DÍA 15 DE DECEMBRO, ás 11:00 horas.

Todas as plataformas de Galicia acudirán a unha nova manifestación para denunciar a estafa que sufrimos os afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco.

A manifestación que percorrerá as rúas do centro de Lugo, con saída e chegada desde diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Este acto reivindicativo terá lugar despois das últimas noticias que apuntan á finalización da arbitraxe, e a chegada do canxe de preferentes e subordinadas.

É preciso que o 80 % dos afectados que quedamos sen recuperar os nosos cartos, salgamos á rúa a reclamar o que é noso.

Non somos inversores, somos aforradores!!!!