Manifestación o 21 de xullo en Santiago de Compostela: máis protestas ante as malas noticias

10.07.2012 18:15

Na semana pasada recibimos boas noticias como que a Fiscalía galega presentase unha demanda colectiva contra Novagalicia Banco por prácticas abusivas na comercialización de participacións preferentes a clientes das catro provincias.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/07/08/na-colocacion-das-preferentes-violouse-inocencia-do-pais/0003_201207G8P10991.htm

Pero non podemos esquecer que de momento só engloba ás preferentes, e que pasa cos que tamén foron enganados coas subordinadas?? Ademais piden que Novagalicia Banco deposite unha fianza de 1108 millóns, o cal non vemos moi factible.

 

Nesta semana estamos recibindo moitas noticias moi malas. Como por exemplo que a percepción da axuda de Europa para rescatar ás entidades financeiras, segundo o ministro De Guindos,  vai impoñer perdas aos que posúen preferentes e subordinadas das entidades afectadas

http://www.abc.es/20120709/economia/abci-guindos-ayuda-banca-condiciones-201207091743.html

Por outra banda, onte mesmo na asamblea da Caixa Mediterránea o propio (FROB), organismo dependente do Banco de España, propuxo amortizar as cuotas das preferentes a cero euros.

http://economia.elpais.com/economia/2012/07/09/actualidad/1341861999_646303.html

 

Vemos como a pesar de estar na época de verán, o problema non se vai de vacacións nin mellora, todo o contrario. As últimas dimisións de Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso non deixan de ser boas noticias, pero mentres se fala deles, ninguén menciona a devolución dos nosos cartos. Asemade a apertura dunha comisión no Parlamento de Galicia para investigar o sucedido nas caixas “de todos os galegos” tampouco vai para adiante.

Non podemos parar de loitar porque se paramos vamos a quedarnos sen opcións: O risco de perder os aforros depositados en Preferentes e Subordinadas é moi grande.

 

Por todo o que está sucedendo é moi importante que o día 21 de Xullo  acudamos á MANIFESTACIÓN nas rúas de Santiago de Compostela co resto  das plataformas de Galicia.

Temos que saír todos e todas á rúa, non podemos quedarnos na casa esperando que se manifesten os mesmos de sempre. É un problema que afecta a 43000 familias galegas, é inda a día de hoxe hai moita xente que non sabe que está afectada polo problema. Os afectados e afectadas por esta estafa temos que manifestarnos, para que non se olviden de nós, que os fiscales vexan que é moi grave este problema, que se busque aos culpables, e nos busquen unha solución xa.

 

Dende Ourense saíran autobuses ás 8.30 da Alameda (rúa Progreso), realizarase unha parada aínda por determinar segundo o lugar de residencia dos viaxeiros.

Podedes irvos anotando no enderezo electrónico: afectadosourense@hotmail.com

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

SÁBADO, 21 DE XULLO. HORA: 11 DA MAÑÁ

Percorrido:

SAIDA DA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA * AVDA. XOAN CARLOS I * RÚA DOUTOR TEIXEIRO * RÚA DA ROSA * RÚA MANUEL COLMEIRO * RÚA ANTONIO CESARES * RÚA DO HÓRREO (PARADA EN FRONTE DO PARLAMENTO DE GALICIA) * RÚA DAS ORFAS * RÚA NOVA * RÚA XELMIREZ * PLAZA DA QUINTANA.