MANIFESTACION EN OURENSE ( Xoves 13 de Setembro, ás 20:30)
GRAN MANIFESTACIÓN EN OURENSE
XOVES 13 DE SETEMBRO ÁS 20:30H
Percorrido:
SAIDA DO PAVILLON DOS REMEDIOS * RÚA DO PROGRESO * RÚA DA CRUZ VERMELLA * RÚA DO PASEO * FINAL NA SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO (PARQUE DE SAN LÁZARO)
Levamos xa máis de 9 meses de loita nas rúas, nas sucursais, facendo as reclamacións que están na nosa man….e dende entón seguimos igual e empeorando: sen cartos, estafados, e agravándose a situación económica dalgúns dos afectados.
A pesar que dende o inicio se nos vendou a opción do arbitraxe, inda foi o 19 de xullo cando se autorizou esta opción para os afectados das preferentes. Ademais segundo as propias palabras de Novagalicia Banco a arbitraxe será a solución só para un 15% dos afectados (de momento só se resolveron 60 casos dos 43000). Polo tanto dende a plataforma parécenos positivo que se resolva ese porcentaxe de casos, pero o que nós esiximos é a solución inmediata para o 100% dos aforradores, tanto das preferentes como das subordinadas.
Ademais, este venres 24 de agosto haberá un consello de ministros no que se vai formar o chamado banco malo ao que pertencerán as participacións preferentes e subordinadas. E tal como se pide desde Bruselas, vanse impoñer pérdidas ás preferentes e subordinadas, xa que nos consideran “accionistas” das entidades. Polo tanto, seguimos nunha incertidumbre total e todo apunta a que nosa situación vai empeorar.
Por se fora pouco, inda non se sabe nada da admisión a trámite da demanda de Fiscalía, e dende o Parlamento galego non se ten présa por investigar a situación das caixas.
Por todo isto, debemos seguir loitando. É importante que ninguén falte O noso obxectivo é RECUPERAR OS CARTOS.
Si non podes asistir manda ós teus a defender o que nos roubaron. Todos somos precisos!
Recordamos que todos os Martes e Xoves as 10:00 da mañá seguimos a facer a quedada de afectados na calle do Paseo onde era a antiga Ibense (agora zapatería Geox) para ir as Caixas, esta medida de presión a pesar de que levamos meses facendoa cada vez causa máis efecto.
NOTICIAS RELACIONADAS
https://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/20/galicia/1345489885_198219.html