Éxito da Manifestación do 13 de setembro en Ourense

14.09.2012 22:00

Éxito na Manifestación do 13 de setembro nas rúas de Ourense.

Máis de un millar de Afectados pola gran estafa das participación preferentes e obligacións subordinadas de Novagalicia Banco encheron as rúas de Ourense. Os aforradores estafados, acompañados doutros cidadáns solidarios, mostraron a súa indignación pola estafa sufrida pola que era a Caixa de todos os galegos. Durante a protesta coreáronse cánticos como:

- Non somos Inversores, Somos Aforradores.

- Donde está a Xustiza ante tanta malicia.

- Se isto non se amaña, caña,caña ; se isto non se arregla, leña , leña.

- Hai solución, banqueiros a prisión.

- Non hai pan, para tanto chourizo.

- Mans arriba, isto é un atraco.

 

Gracias a todos os que asistiron!!

A protesta ten que seguir ata que o 100 % dos Aforradores estafados recuperemos os nosos cartos. Que non nos sigan enganando os banqueiros, nin os políticos: somos vítimas desta gran estafa organizada;  somos aforradores e non aceptaremos outra solución que non sexa a devolución dos nosos cartos.

 

A manifestación rematou na Subdelegación do Goberno coa lectura do Manifesto.

 Manifesto 13 Setembro_Manifestacion Ourense.pdf (76,4 kB)

 

Deixamos tamén algúns dos enlaces das noticias sobre a protesta. Agradecemos á prensa a difusión da manifestación, e a cobertura que sempre nos dan para denunciar esta ESTAFA de NOVAGALICIA BANCO.

Incluso lle agradecemos a cobertura á Televisión de Galicia, televisión pública pagada por todos, pero que teñen un pequeno problema de contas...

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/09/14/medio-millar-afectados-preferentes-exigen-furia-solucion/682994.html

https://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1249183

www.laregion.es/noticia/224252/afectados/preferentes/protestan/ourense/

https://www.finanzas.com/noticias/economia/20120913/afectados-preferentes-piden-solucion-1531461.html

 https://www.crtvg.es/informativos/unhas-200-persoas-manifestanse-en-ourense-polas-preferentes-417686#.UFNNA7JlgrU 

newscaster.ikuna.com/596_galicia/1744338_afectados-por-las-preferentes-piden-una-solucion-global-en-una-protesta-en-ourense.html