Concentración diante do Parlamento de Galicia no día da constitución do novo goberno.

07.11.2012 22:48

Convócase a todos os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco a unha concentración que terá lugar o venres 16 de novembro, ás 10:30 horas diante do Parlamento de Galicia.

A esta convocatoria asistirán todas as Plataformas de Galicia, e por suposto a correspondente representación de Ourense.

O motivo desta concentración é que terá lugar a constitución do novo Parlamento de Galicia, despois das últimas eleccións do mes de Outubro.

O obxectivo é recordalle ao novo Goberno que o problema desta gran estafa de Novagalicia banco segue sen resolverse. Inda quedan moitos galegos e galegas cos seus aforros atrapados polo engano das preferentes e subordinadas.  É o novo Goberno ten a obriga de resolver os problemas dos cidadáns. A arbitraxe aínda non soluciono o caso de todos os estafados, e o seu funcionamento está moi ralentizado. Polo tanto, seguiremos loitando ata que o 100 % dos aforradores estafados recuperen o seu diñeiro.

Recordamos que a única política da Plataforma de Ourense é a devolución dos cartos ao todos os aforradores estafados.

 

Todos os afectados de Ourense que queiran asistir, poden enviar un correo á Plataforma para anotarse e organizar o tema dos autobuses.

A constitución do Parlamento será ás 11:00, e a Concentración será ás 10:30. Por tanto xa avisaremos da hora de saída de Ourense, en función da xente que asista.