COIDADO CUNHA PRÁCTICA ABUSIVA: Avogados que cobran por acudir a Arbitraxe

19.11.2012 19:49

Queremos poñer en coñecemento de todos os afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco unha PRÁCTICA ABUSIVA relacionada con algúns profesionais que se aproveitan da situación desesperada na que estamos.

 

Como todos sabedes, cubrir os formularios de reclamación da Arbitraxe no Instituto Galego de Consumo é totalmente gratuito, e incluso no propio Instituto Galego de Consumo deberían axudarnos no caso de duda xa que están ao servizo da cidadanía.

Estes días chegou ao noso coñecemento e tamén a outras plataformas de Galicia, que había Avogados que lle estaban cobrando á xente por cubrirlle as reclamacións de Consumo. E non solo iso, senón que naqueles casos nos que se deu a casualidade de que chamaron á arbitraxe aos afectados, incluso eses avogados lle reclamaron a posteriori una porcentaxe dos cartos obtidos.

 

Tal e como indica a Unión de Consumidores: “A asistencia e asesoramento para cubrir as follas de reclamación, é totalmente gratuita nas oficinas públicas de atención ao consumidor”. Se ben non é ilegal que un avogado asesore e cobre por cubrir estas follas, é desde logo pouco ético. E moito peor cobrar unha porcentaxe dos cartos. É aproveitarse da situación desesperada na que están moitos afectados. A VÍA DO ARBITRAXE É TOTALMENTE GRATUITA E SEN CUSTES.

Por tanto é conveniente difundir esta información para evitar que afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco volvan a ser enganados.

Se alguén ten coñecemento directo desta estafa, que se poña en contacto coa Plataforma para denuncialo públicamente e evitar máis fraudes deste tipo.

 

http://www.europapress.es/galicia/noticia-ucgal-critica-profesionales-ajenos-oficinas-consumo-cobren-asesorar-afectados-preferentes-20121119183109.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1297155