Asistencia ao Pleno o día 5 Febreiro
Hoxe Martes os afectad@s da Plataforma de Ourense asistimos ao Pleno do Concello, a participar no momento de Ruegos e Preguntas, no cal temos dereito de participar como cidadáns. A pregunta que se planteou foi:
"Como veciña do Concello de Ourense, membro da Plataforma de afectados polas participación preferentes e obrigacións Subordinadas de Novagalicia Banco, gustaríame preguntar ao Pleno Municipal que se está facendo dende o Concello de Ourense para buscar unha solución a este grave problema que afecta a miles de ourensáns.
Tanto o 12 de Abril de 2012, como posteriormente o 6 de Xullo de 2012 presentáronse sendas mocións neste concello que foron aprobadas:
1) Instar á Xunta de Galicia e ao Goberno de España a que solicitasen ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores, a emprender unha inspección sobre a comercialización masiva realizada polas entidades financeiras.
Na nosa opinión, é un punto que adquire especial importancia especialmente despois das informacións dos últimos meses onde: os inspectores do Banco de España indicaban que se estaba mirando hacia outro lado cando sucedían feitos denunciables nas caixas, e agora que os propios traballadores de Novagalicia Banco deron a coñecer as presións sufridas por parte dos directivos para comercializar este produto. Porén, esiximos que ademais da devolución do noso diñeiro, se depuren responsabilidades condenando aos culpables: directivos, partidos políticos, organismos que non exerceron a labor de control.
2) Solución inmediata para os aforradores afectados polo fraude das preferentes, coa devolución aos 100% dos aforradores, promovendo solucións que permitisen recuperar os cartos.
A día de hoxe, quedamos máis do 80% de afectados sen recuperar os nosos cartos. Antes das eleccións, resolveranse positivamente 1125 casos de ourensáns pola vía do arbitraxe. Dende as eleccións deixáronse de facilitarnos os datos por parte do Instituto Galego de Consumo. Quedamos inda miles de casos sen recuperar o noso diñeiro, loitando día a día nas sucursais e nos organismos públicos. A única política dos afectados ourensás é a devolución do 100% dos nosos aforros.
Por tanto, gustaríanos saber cómo o Concello de Ourense trasladou estes acordos á Xunta e cal foi a súa resposta, xa que na práctica estamos sen unha solución inmediata para todos os aforradores. Ademais pedimos que os partidos políticos deste concello soliciten:
- A prolongación do arbitraxe para o 100% de aforradores estafados, incluíndo sempre preferentes e subordinadas.
- Moción contra a entrada en vigor do canxe das preferentes e subordinadas.
A resposta do Alcalde de Ourense foi, en resumo:
"Que efectivamente solidarizabanse coa situación dos afectados polas preferentes, que foramos víctimas dunha banca sen escrúpulos. E que en relación as mocións que foran aprobadas no Concello no ano 2012 (nos meses de Abril e Xullo) que non foran trasladadas no seu momento á Xunta. Fai pouco que lle trasladaran as peticións á Xunta, Goberno de España e a Novagalicia Banco; e que inda non recibiran resposta. E comprometéronse a solicitar tamén que a arbitraxe chegue ao 100% dos aforradores"
Resulta bastante incrible para nós, cidadáns de a pé, que despois de aprobar unhas mocións fai máis de 6 meses,se poda dicir que tardaron en trasladalas á Xunta e demais organismos, e que inda non se obtiveran respostas...A NOSA ÚNICA POLÍTICA É A DEVOLUCIÓN DOS NOSOS AFORROS. E por desgracia, a nosa solución depende de políticos que non fan o seu traballo...
Seguiremos loitando ata recuperar os nosos aforros!
https://www.farodevigo.es/