A Concentración das Plataformas de Afectad@s Preferentes e Subordinadas ante o Parlamento de Galicia
O venres 16 de Novembro a Plataforma de Ourense asistiu á Santiago de Compostela, á concentración convocada por todas as Plataformas de Galicia de afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco.
A finalidade desta concentración era recordarlle ao novo Goberno que se constituía ese día no Parlamento de Galicia, o grave problema que sufrimos máis de 70.000 familias galegas: a fraude das preferentes e subordinadas comercializadas polas antigas Caixas Galegas.
A arbitraxe de momento solo solucionou 2 de cada 10 casos. Polo tanto quedamos máis do 80% dos aforradores estafados sen ningunha solución. Seguimos reclamando solucións para o 100 % dos aforradores estafados, axilidade no proceso da arbitraxe, Xustiza e condena dos que xestionaron mal as caixas e enganaron aos seus clientes de toda a vida.
Aquí vos quedan algunhas das fotos realizadas, e enlaces das noticias que se fixeron eco da concentración.
(Como podedes ver, un gran despliegue policial. Que pena que non estiveran protexéndonos así a nós e aos nosos aforros cando nos enganaron nas caixas de todas a vida).
Noticias
ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/16/galicia/1353062578_557364.html
www.youtube.com/watch?v=SLNVCb5WXVw